Fotovoltaica
E.nova Enerxía ofrécelles aos seus clientes a oportunidade de produciren a súa propia enerxía de forma limpa e renovábel, obtendo un importante rendemento económico.
Para isto ofrece as tres seguintes posibilidades á hora de promover plantas de xeración eléctrica para autoconsumo:
Venda directa
O cliente realiza o investimento e amortiza a planta co aforro obtido polo autoconsumo.
Renting financeiro
O cliente paga durante un período determinado unha cota financeira que se compensa co aforro obtido polo autoconsumo. Vencido o prazo de arrendamento, o cliente pode quedar coa planta.
PPA
E.nova Enerxía realiza o investimento e cobra ao cliente pola enerxía consumida da planta a un prezo por baixo do de comercialización da electricidade.
O cliente aforra dende o momento inicial grazas a unha mellora no prezo da enerxía e vencido o prazo do PPA pode quedar coa planta.

MAPA PROXECTOS
Proxectos autoconsumo
Proxectos ppa-on site
Proxectos xeración

PROXECTOS EXECUTADOS
Os nosos proxectos recentes
Infórmate sobre o sector da enerxía
Últimas novidades sobre o sector enerxético