
Grupo Da Cunha
-
Potencia
400 KW
-
Produción Anual
519.744 kWh
-
Cobertura Autoconsumo
40,54%
-
Redución emisións
185,5 t/ano
Descrición
O Grupo Da Cunha, referente do sector panadeiro e da industria alimentaria en Galicia, aposta polas enerxías renovábeis ao establecer nas cubertas da súa sede no polígono Os Capelos, en Carral, unha planta fotovoltaica de 410 KWp, que se converte nunha das instalacións máis grandes de Galicia destas características. Con esta planta, o Grupo Da Cunha cubrirá a través do autoconsumo o 40% das súas necesidades eléctricas e reducirá as súas facturas da luz entre o 25% e o 30% ao ano de media.
A planta do Grupo Da Cunha contou co apoio da Xunta de Galicia a través da liña de subvencións a proxectos de enerxía fotovoltaica xestionada polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega).