Sociedade Cooperativa Galega Grille
-
Potencia
80 KW
Descrición
En Grille Sociedade Cooperativa Galega Scoop, situada no municipio de Mazaricos, E.nova Enerxía levou a cabo unha instalación fotovoltaica para autoconsumo de 38kWp nunha primeira fase que xa se incrementou até 80kWp. Grazas aos paneis solares na súa cuberta, estase a rexistrar no inicio desta primeira fase un 20% de aforro.
A instalación realizouse a través da modalidade de PPA, de xeito que Grille non desembolsou investimento inicial ningún e E.nova Enerxía cobra pola enerxía consumida da planta a un prezo por baixo do de comercialización.