Aerotermia

E.nova Enerxía ofrece solucións de aerotermia destinadas a explotacións gandeiras e industriais para unha produción de calor máis sostible e eficiente.

Ao combinala co autoconsumo, cunha planta fotovoltaica para a produción da enerxía eléctrica que precisa a bomba de calor, amplificamos a redución dos custos enerxéticos e o respecto polo medio ambiente.

Que é a AEROTERMIA?

A aerotermia é unha fonte renovábel que, mediante unha bomba de calor, consegue aproveitar a temperatura do aire para a xeración de enerxía térmica destinada a calefacción e quecemento de auga para procesos domésticos e industriais.

Posúe uns niveis de eficiencia moi elevados. No caso de usos domésticos, en torno ao 400%; permitindo a obtención de 4 ou 5kW térmicos por cada kW eléctrico empregado e unha temperatura da auga de entre 50 e 70ºC.

No tocante a usos industriais, existen máquinas aerotérmicas cunha eficiencia de ata o 300%, que poden conseguir temperaturas de ata 75 ou 85ºC.

VANTAXES DA AEROTERMIA

Eficiencia

Produción máis eficiente e redución de custos enerxéticos

Non estacionaria

En funcionamento as 24 horas do día, os 365 días do ano

Independente

Non depende das condicións do lugar

Ausencia de combustión

Máis segura que outras fontes tradicionais

Rápida e fácil

Instalación e mantemento sinxelos

Infórmate sobre o sector da enerxía

Últimas novidades sobre o sector enerxético