Como quedan os impostos á electricidade neste 2024

O pasado mes de marzo atopámonos coa subida do IVE na factura eléctrica, que se situou no 21%. Recuperouse así o gravame anterior a 2021; cando o goberno español estableceu unha redución temporal dos impostos á electricidade para facerlle fronte ao insólito crecemento no seu prezo, marcado polo contexto sociopolítico global.

Ante esta recuperación progresiva dos impostos enerxéticos, que non só afecta ao IVE; desde E.nova Enerxía facemos un repaso dos cambios nos tipos impositivos da enerxía, recollidos no RD-Lei 8/2023 do 27 de decembro.

Evolución de impostos á electricidade en 2024

EVOLUCIÓN DO IVE

O Imposto sobre o valor engadido é un gravame ao consumo, enerxético neste caso; que afecta a tódolos consumidores. En xuño de 2021, co crecente aumento do prezo da enerxía, o goberno español implementou un IVE reducido para moitos produtos. No caso da enerxía eléctrica, o imposto quedou fixado nun 10%, reducíndose ata o 5% un ano despois.

O Real Decreto-lei 8/2023 prorrogaba ata finais de dito ano o IVE do 5% para todos os compoñentes da factura das entregas de electricidade. En decembro do mesmo ano, o Real Decreto-lei 8/2023 establecía unha nova prórroga, desta volta do 10% de IVE e engadindo condicións:

  • O imposto reducido só se aplica nos contratos de subministro cunha potencia contratada igual ou inferior a 10kW.
  • Para os titulares de contratos que sexan perceptores do bono social, o IVE será do 10% durante todo o ano 2024, sen excepción.
  • Para o resto de titulares que teñen una potencia contratada igual ou inferior a 10kW, será dun 10% sempre que o prezo da electricidade supere os 45MWh.

Deste xeito, actualmente a maioría dos pequenos consumidores contan na súa factura eléctrica cun IVE do 21%. Porcentaxe que poderá ir variando ao longo do ano en curso, adaptándose ao prezo da enerxía no mercado almacenista.

 

O IMPOSTO ESPECIAL DE ELECTRICIDAD

Trátase dun imposto que teñen que abonar todos os consumidores, teñan ou non consumo enerxético.

Con anterioridade ás medidas de urxencias aplicadas en España ao gravame enerxético, consistía nun 5,113% do importe do termo de consumo e potencia. O Real Decreto-lei 17/2021 do 14 de setembro reduciu este imposto a un 0,5% para paliar a subida no prezo da electricidade que comezou dito ano. Esta medida foise prorrogando ata o 31 de decembro de 2023.

Coa aprobación do xa mencionado RD-lei 8/2023 estableceuse un aumento progresivo deste tipo impositivo que se irá incrementando ao longo do ano en curso.

  • Do 1 de xaneiro ao 31 de marzo, o IEE situouse no 2.5%.
  • Do 1 de abril ao 31 de xuño permanecerá no 3,8%.
  • A partir da segunda metade do ano recuperarase o porcentaxe anterior ás medidas, quedando no 5,113%.

Non obstante, esta escalada no imposto está suxeita a unha condición. No tocante aos usos industriais da enerxía, o IEE non poderá ser inferior a 0,5€ por MWh. Para o resto dos usos, deberá alcanzar polo menos o importe de 1€ por MWh.

 

IVPEE, O IMPOSTO Á PRODUCIÓN

O Imposto sobre o valor da produción de enerxía eléctrica creouse en 2012 como medida de fomento das enerxías limpas. Aínda que se trata dun imposto destinado a quen produce a enerxía, único en toda Europa; pode ter incidencia no prezo final da factura dos consumidores.

Por este motivo, desde o goberno español decidiuse en 2021 a súa supresión temporal. Medida que quedou recollida no RD-lei 12/2021 do 24 de xuño sobre medidas urxentes de fiscalidade enerxética.

Coa estabilización do mercado enerxético, o RD-lei determina a recuperación paulatina deste imposto. Durante o primeiro trimestre do ano situouse no 3,5%, durante o segundo está no 5,25% e desde o terceiro trimestre recupérase o tipo impositivo anterior ás medidas, estabilizándose nun 7%.

 

O FUTURO DO IVPEE

Segundo un traballo do catedrático en economía Diego Rodríguez, publicado por Fedea en decembro de 2023; o Imposto sobre o valor da produción de enerxía eléctrica pódese suprimir en cuestión duns anos. Vexamos por que.

Diego Rodríguez prognostica no seu estudo que o custo da débeda do sistema eléctrico, que actualmente se atopa en 2.400 millóns de euros, se reducirá considerablemente en 2027 e quedará liquidada en 2028. De ocorreres isto, Rodríguez establece dúas posibilidades. Por un lado, que se continúe a reducir o os cargos abonados polos consumidores na factura eléctrica. Unha segunda opción, a supresión definitiva do IVPEE; a cal tamén suporía unha redución dos importes da factura da luz de todos os consumidores.

PEAXES E CARGOS

Outro dos aspectos fundamentais á hora de ler a factura da luz son os peaxes e cargos eléctricos, pois ao igual que os impostos, teñen unha incidencia directa no custo da electricidade.

Os peaxes eléctricos, custos asociados coa transmisión e distribución da enerxía eléctrica aplicados á tarifa eléctrica básica, establécense nos valores que recollen as seguintes táboas.