E.NOVA ENERXÍA
Sobre nós
Que é E.nova Enerxía
Somos unha enerxética con capital e asentamento galego.
En base a un profundo coñecemento do sistema enerxético e a un asesoramento continuado aos nosos clientes, logramos optimizar os tres eixos do seu consumo e garantimos importantes aforros na súa factura enerxética.
Os 3 eixos do custo enerxético:

Canta enerxía se usa?
Analizamos o perfil de consumo dos nosos clientes para detectar puntos onde se está a estragar enerxía e pode reducirse o consumo empregando tecnoloxías máis eficientes.

Como se obtén a enerxía?
Baseándonos en novas tecnoloxías de predición de consumos, realizamos a compra da enerxía no mercado eléctrico dun xeito máis eficiente.

Cando se usa a enerxía?
A partir do perfil de consumo dos nosos clientes, conseguimos desprazar consumos a horas nas que a enerxía é máis barata empregando avanzados algoritmos de adaptación do consumo.
QUE OFRECEMOS en E.nova Enerxía?
En E.nova Enerxía somos conscientes da repercusión que ten o custo da enerxía para as empresas e organizacións.
Coma o seu Partner Enerxético, damos unha atención personalizada aos nosos clientes e analizamos día a día os seus consumos para garantir o trato que mellor se adapte ás súas necesidades enerxéticas.
Por que somos o teu partner enerxético?

Aforro
garantido
Se o precisas, tras o primeiro ano de contrato facémosche un estudo no que verás o aforro asegurado.

Subministro
eléctrico asegurado
Somos participante directo no sistema eléctrico. Contamos cun grande dominio do mercado e as redes eléctricas para resolver as eventuais incidencias dos nosos clientes.

Nin ataduras nin permanencia
Non fixamos compromisos de permanencia nos nosos contratos.

Atención e servizo personalizado
Cada actividade empresarial precisa servizos enerxéticos especializados á súa actividade e unha tarifa a medida.

Posibilidade de Enerxía
100% renovable
Achegámoslle ao noso cliente enerxía 100% renovábel só no caso de que así o demande previa e expresamente

Información e transparencia
Proporcionamos a información que precises sobre o teu gasto enerxético, sen trampas, coa máxima transparencia.
Infórmate sobre o sector da enerxía
Últimas novidades sobre o sector enerxético