En que consiste a aerotermia?

A aerotermia é unha fonte de enerxía renovábel que está en auxe. A partir dunha bomba de calor, aproveita a temperatura do aire para xerar enerxía térmica que, posteriormente, se pode destinar a calefacción e quecemento de auga nos procesos industriais e domésticos.

No seguinte vídeo; o noso compañeiro Martín Martínez, do departamento de enxeñaría, explícanos en que consiste a aerotermia e como a ofrecemos en E.nova Enerxía para explotacións gandeiras e industriais.