
Nidos de Carnota
15 KW
Descrición
Nidos de Carnota, estabelecemento turístico que engloba tanto servizo de hospedaxe coma un centro de interpretación, conta cunha planta fotovoltaica de 15 KW. A planta funciona coa fórmula de venda directa, polo que grazas ao aforro obtido polo autoconsumo amortiza o investimento de instalación.
A planta fotovoltaica de Nidos de Carnota conta co apoio da Xunta de Galicia a través da convocatoria de subvencións do Instituto Enerxético de Galicia para Proxectos de Enerxía Fotovoltaica 2020-2021, operación cofinanciada pola Unión Europea a través de FEDER Galicia 2014-2020.