A transparencia coma sinal de identidade

En cada unha das facturas emitidas E.NOVA ENERXÍA informa ós seus clientes sobre os aspectos fundamentais da enerxía que consumen.

A orixe da enerxía

De que fontes provén a enerxía no momento de o cliente consumir a electricidade na súa empresa.

O destino de cada un dos sub-compoñentes do prezo que se lle aplica á enerxía

É dicir, que foi o que se lle pagou a cada entidade participante do sistema eléctrico pola enerxía consumida.

Alén diso, e pra ir máis aló no que toca á transparencia na factura eléctrica, E.NOVA ENERXÍA dispón ós seus clientes a posibilidade de validación da factura, co obxectivo de lles asegurar ós clientes que unicamente se lles facturou polo que corresponde.

No caso de clientes con tarifa INDEX, o cliente pode coñecer en cada factura cal é a parte correspondente ós honorarios de xestión de E.NOVA ENERXÍA, isto é, a marxe comercial.

Por último, e xa no caso da tarificación indexada, E.NOVA ENERXÍA garante contractualmente un estudo de aforro garantido por cada cliente. Deste xeito demostrarase o aforro obtido ó longo do primeiro ano con E.NOVA ENERXÍA respecto ó anterior; no caso de non ter sido beneficioso pra o cliente devolveránselle durante o ano seguinte os cartos pagados de máis.