E.nova Enerxía participa nunha xornada de repoboación de árbores autóctonas no monte de Froxán da man de Montescola

E.nova Enerxía uniuse as Brigadas deseucaliptizadoras que se levan a cabo na Comunidade de Montes de Froxán (Lousame), cunha actividade de plantación organizada onte a través da Fundación Montescola.

A totalidade do equipo que forma E.nova Enerxía uniuse a esta intensa xornada, na que plantaron centos de árbores. O obxectivo, contribuír á restauración medioambiental deste monte coa eliminación das especies invasoras, eucalipto e acacia, e coa repoboación de árbores máis beneficiosas para a zona: castiñeiros, freixos, bidueiros…

A xornada rematou cunha comida celebrada todos xuntos nas instalacións de Montescola.

UNHA COMUNIDADE ENERXÉTICA DA MAN DE E.NOVA ENERXÍA

A elección de Froxán para esta actividade non foi ao azar. Froxán vén de se converter en Comunidade Enerxética, cun proxecto iniciado por Montescola e levado a cabo por E.nova Enerxía. Actualmente, xa desfrutan das vantaxes do autoconsumo fotovoltaico a metade das casas da aldea, con posibilidade dunha futura adhesión dos habitantes restantes se estes así o deciden.

REPOBOACIÓN FORESTAL E CREACIÓN DE MONTESCOLA

A iniciativa de repoboación forestal da Comunidade de Montes de Froxán comezou tras os incendios ocorridos na aldea homónima en 2006, salvándose o pobo grazas ás carballeiras que había arredor, que detiveron o fogo que si consumiu os eucaliptos.

Comezaron así unha intensa actividade na que incluíron a concienciación da sociedade e a inclusión de actividades de voluntariado para persoas externas á aldea. Así mesmo, crearon para tal fin a Montescola, que ademais da labor medioambiental que realiza en Froxán tamén colabora noutras áreas galegas para visibilizar a importancia de crear modelos de xestión de montes alternativos ao monocultivo de eucaliptos.

Con motivo desta labor, o monte de Froxán conseguiu en 2017 a distinción ICCA da ONU, pasando a formar parte do rexistro de Áreas Conservadas por Pobos Indíxenas e Comunidades Locais.