
Queixos Hoxe
-
Potencia
100 kW
-
Produción Anual
121.372 kWh
-
Cobertura Autoconsumo
17,41%
-
Redución emisións
43,3 t/ano
Descrición
E.nova Enerxía vén de instalar unha planta fotovoltaica de 100 kW en Queixos Hoxe, en modalidade PPA On-site, na parroquia de Prado (Lalín).
A Cooperativa Hoxe S.C.Galega, fundada en 1971, está formada por pequenas e medianas explotacións gandeiras familiares que realizan pastoreo durante unha boa parte do ano como base dunha alimentación natural. Na queixaría da cooperativa elabóranse máis dun millón de kilos anuais de queixos de distintas variedades: Tetilla, Arzúa Ulloa, cremosos…