
Pescarmar (Gadisa)
-
Potencia
100 kW
-
Produción Anual
119.362 kWh
-
Redución emisións
42,6 t/ano
Descrición
E.nova Enerxía vén de rematar a instalación dunha planta fotovoltaica para Pescarmar, unha nova plataforma de Gadisa no porto de A Coruña destinada á selección, compra e xestión de produtos do mar.
A planta, que conta cunha potencia de 100kW, foi construída a través dun proxecto en modalidade chave en man destinado ao autoconsumo. Cunha produción estimada de case 120.000 kWh, evitará a emisión de máis de 40 toneladas anuais de CO2 con respecto a fontes de enerxías tradicionais.