
Granxa Pena Bamela
-
Potencia
50 kW
-
Produción Anual
70.462 kWh
-
Cobertura Autoconsumo
40,84%
-
Redución emisións
25,2 t/ano
Descrición
A granxa Pena Bamela, dedicada ao gando bovino para a produción de leite, súmase ao autoconsumo da man de E.nova Enerxía, que vén de instalar unha planta fotovoltaica de 50kW nas súas instalacións en Touro.
Cunha xeración estimada de cerca de 70.500kW anuais, a aposta da gandaría pola enerxía fotovoltaica suporá un aforro en custos así como unha redución de emisións de CO2 de aproximadamente 25 toneladas anuais.