
Gandaría San Rian
-
Potencia
40 kW
-
Capacidade almacenamento
15 kWh
-
Produción Anual
56.382 kWh
-
Cobertura Autoconsumo
39,39%
-
Redución emisións
20,1 t/ano
Descrición
A gandaría San Rian formouse en Brión en 2005 da unión de dúas explotación para acadar unha maior competitividade. Agora, os catro socios apostan pola mellora xenética das vacas para conseguir unha maior rendibilidade. Para iso, tamén apostan polo benestar dos animais e pola calidade dos forraxes.
Nesta liña, coa nova planta fotovoltaica instalada por E.nova Enerxía, en modalidade chave en man, poden beneficiarse das vantaxes das renovábeis; que facilitan tanto o benestar do gando como a redución de custos enerxéticos.
A planta, que conta cunha potencia de 40kW e unha capacidade de almacenamento de 15kWh; ten unha produción estimada de 56.382kWh anuais. Representando cerca do 40% da enerxía necesaria na explotación, prevese unha redución de emisións de CO2 en torno ás 20t ao ano.