Unha vez que decidimos apostar pola solar como fonte de enerxía para a nosa vivenda ou empresa, xurde a seguinte cuestión: que tipo de contrato de instalación é a máis acaída para nós? Neste artigo imos explicar en que consiste unha das opcións máis en auxe para o autoconsumo no sector empresarial, o PPA on-site.
PPA on-site trátase dun acordo ou contrato de compravenda de enerxía producida localmente. Basicamente consiste nunha fórmula contractual na que o cliente cede a súa cuberta e o provedor de enerxía renovábel encárgase do investimento e da instalación dunha planta solar fotovoltaica na mesma, a cambio dun custe fixo por kWh que o cliente abona periodicamente polo seu consumo de enerxía obtido da planta instalada. Á finalización do prazo previsto no acordo, que adoita oscilar entre os dez e os vinte anos, o consumidor pode facerse coa propiedade da planta.
Para o consumidor é unha solución con numerosas vantaxes. En primeiro lugar, vai ver reducida a súa factura eléctrica, xa que esta modalidade ofrece prezos moito máis competitivos e mesmo con ese aforro pode chegar a financiar a posterior opción de compra. Ademais non se ve arrastrado polas oscilacións do mercado e garante a subministración dunha enerxía limpa. No aspecto financeiro, benefíciase de que a construción non computa como débeda nin na Cirbe, pois o que está a facer realmente é contratar un servizo para adquirir electricidade mes a mes. Para finalizar, o partner enerxético asume, ademais do custo da instalación, os de operación e de mantemento, facéndose cargo do bo funcionamento da planta. A cambio, este garante uns ingresos regulares durante un período longo de tempo e pode recuperar os excedentes de enerxía xerados pola planta e que o cliente non consome.
Tipicamente este tipo de contrato pode ser de interese para compañías que adoitan precisar grandes cantidades de enerxía para o seu funcionamento, e que optan por externalizar as diferentes áreas que non pertencen ao seu core produtivo, contemplando así o aforro eléctrico como un servizo máis.
E.nova Enerxía ten actualmente unha carteira de 1MW en proxectos PPA on-site en diferentes fases de execución. Coa experiencia que nos avala, se che parece interesante esta opción, podemos axudarche a instalar unha planta fotovoltaica mediante o sistema do PPA on-site para asegurar a redución dos teus custos enerxéticos.