Por que elixir un proxecto fotovoltaico “chave en man”

Os proxectos chave en man son moi demandados no sector da enxeñaría e da construción. Consisten na contratación dun provedor que se vai encargar do proxecto de maneira integral.

A partir duns parámetros establecidos polo cliente, o provedor coordinará todos os aspectos dunha obra, dende o estudo e asesoramento personalizado inicial até a posta en marcha dun servizo e mesmo encargándose do seu mantemento.

As vantaxes que ofrecen os proxectos chave en man radican no amplo coñecemento técnico e operativo das empresas especializadas. É por iso que funcionan tan ben en obras complexas, como é a instalación de plantas solares fotovoltaicas (PSFV).

FASES DUN PROXECTO CHAVE EN MAN PARA UNHA PLANTA FOTOVOLTAICA

O provedor comeza cunha visita comercial inicial para coñecer as necesidades e demandas do cliente. Deste xeito, a equipa técnica obtén a información necesaria para poder elaborar un estudo personalizado que permitirá establecer as características óptimas do servizo a ofertar: cal é que é a potencia necesaria, número de paneis solares que se debe colocar, que inversor…

Tras a aceptación da proposta presentada ao cliente, procédese co deseño da planta e coa súa execución.

A fase de execución non só inclúe a abordaxe das obras, mais tamén todos aqueles aspectos necesarios para a posta en marcha do servizo:

  • Asesoramento e tramitación de axudas e subvencións. Actualmente, existen diferentes axudas públicas para o establecemento de plantas fotovoltaicas.
  • Xestións administrativas para a legalización da planta. Estas inclúen dende as relacións coas administracións públicas pertinentes até os trámites coa compañía eléctrica encargada de dar a subministración.
  • Execución da obra tendo en conta os tempos acordados co cliente e coordinando todos os axentes implicados así como os posíbeis imprevistos que poidan xurdir.

Tras a posta en marcha da planta fotovoltaica, o provedor pode ofrecer tamén un servizo de mantemento preventivo e/ou correctivo que facilite o correcto funcionamento das placas solares, optimizándose así o seu aproveitamento e, por conseguinte, favorecendo un retorno do investimento máis rápido.

VANTAXES DOS PROXECTOS CHAVE EN MAN

A contratación dunha empresa especialista que coordine todo o proxecto de forma integral, pondo a disposición do mesmo os seus coñecementos e recursos; ofrece unha serie de beneficios que se poden resumir nos seguintes:

  • O cliente non se terá que encargar de ningún trámite nin da contratación de equipos. Esta cuestión é fundamental para aqueles clientes que non teñen amplos coñecementos do sector fotovoltaico.
  • Confianza. A coordinación de todo o proceso é delegada integramente ao provedor, unha empresa que posuirá amplos coñecementos sobre os procesos e xestións para as plantas fotovoltaicas.
  • A responsabilidade é asumida por unha única entidade, permitindo ao cliente un maior control dos procesos.
  • Aforro en canto a investimento. Cando unha única empresa asume toda a responsabilidade, o proxecto tende a desenvolverse de forma más eficiente, maximizándose os recursos e eliminándose marxes intermedios.
  • Ter unha visión global do proxecto permite ao provedor axustar tempos e actividades, reducíndose así os posíbeis atrasos.

 

E.nova Enerxía ten unha ampla experiencia xestionando plantas fotovoltaicas a través da modalidade chave en man. Contamos cos coñecementos técnicos e de xestión administrativa necesarios para ofrecer un servicio personalizado de calidade que permita un aproveitamento máis eficiente do autoconsumo a través da enerxía fotovoltaica.

Se estiveres interesado en implantar paneis solares, ponte en contacto connosco. Elaboraremos un estudo personalizado para coñecer as túas necesidades, que incluirá unha análise económica coa que estimaremos, da forma máis precisa posíbel, o tempo de amortización do teu investimento.