Política de Calidade e Medioambiente

Desde o GRUPO E.NOVA, no noso compromiso coa mellora continua, a sustentabilidade ambiental e a satisfacción dos nosos clientes, decidimos implementar un Sistema Integrado de Xestión que cumpra coas normas UNE-EN ISO 9001:2015 e UNE-EN ISO 14001:2015. Este sistema será eficaz e adaptado ás necesidades das empresas, co obxectivo de consolidar a súa posición no mercado, garantindo un compromiso firme cos nosos clientes así como co medio ambiente.

Esta política foi definida na súa totalidade polo director executivo, cubrindo o alcance do Sistema Integrado de Xestión, os procesos, actividades e produtos, describindo a continuación as seguintes directrices xerais que se establecen para a consecución destes obxectivos e, en consecuencia, o correcto funcionamento do Sistema:

  • Satisfacer as necesidades e expectativas dos nosos clientes, ofrecendo produtos e servizos de alta calidade.
  • Cumprir cos requirimentos legais e normativos aplicábeis, así como con aqueles establecidos polos nosos clientes e partes interesadas.
  • Mellorar continuamente os nosos procesos e operacións.
  • Asegurar que os nosos provedores e colaboradores partillen a nosa visión de calidade e medio ambiente, aliñándose cos estándares e valores que promovemos.
  • Xestionar de xeito responsábel os nosos recursos naturais, procurando unha utilización eficiente dos mesmos.
  • Previr a contaminación mediante a identificación e control dos impactos ambientais das nosas actividades.
  • Fomentar a reciclaxe, a redución de residuos e o uso de tecnoloxías limpas, implementando prácticas que favorezan a sustentabilidade.
  • Compromiso coa sustentabilidade, traballamos para crear solucións tecnolóxicas avanzadas que optimicen o uso dos recursos naturais, contribuíndo á transición cara a un futuro enerxético máis limpo e eficiente.
  • Asegurar a formación e sensibilización de todo o persoal en relación coa importancia da calidade e a xestión ambiental.

A partir destas directrices, formularanse anualmente obxectivos. Uns obxectivos de Calidade e Medio Ambiente, onde se cuantifiquen uns valores previsiblemente atinxíbeis e que servirán para definir a dirección na que se deben orientar os esforzos de mellora continua das organizacións.

Esta política afecta e é responsabilidade de todos e cada un dos integrantes do grupo. Para alén do anterior, revísase, analizándoa e actualizándoa para a súa continua adecuación.