O aforro na electricidade é posible

Unha das grandes preocupacións dos usuarios é o aforro na electricidade. E en maior medida para os pequenos e medianos emprendedores que buscan unha xestión eficiente da súa enerxía. Cada mes unha parte importante dos seus gastos destínanse é electricidade.

É posible aforrar custes e que as decisións axeitadas se reflictan na túa factura eléctrica. En primeiro lugar, é fundamental coñecer os hábitos e necesidades de consumo do cliente. Neste senso, a empresa galega E.nova Enerxía ofrece un asesoramento individualizado e atención directa gratuíta para poder realizar unha oferta personalizada, que recolla a tarifa máis axeitada en cada caso.

O “estudo do perfil do consumo” determinará as claves para optimizar os recursos e conseguir os prezos máis económicos do mercado, elaborando unha tarifa “á carta” que suporá unha redución do gasto, mentres mantemos o subministro nas mellores condicións. Deste xeito poderemos detectar posibles “puntos negros” no consumo. Este asesoramento non leva consigo ningún tipo de custe engadido nin compromiso de permanencia.

E.nova Enerxía adquire a enerxía 100% renovable no mercado eléctrico, e mediante as novas tecnoloxías de predición de consumo e o traballo do seu equipo de expertos, pode deseñar a mellor tarifa. Todo coa máxima garantía de transparencia e información, para que o usuario poida coñecer o que realmente está pagando.

Esta aposta pola transparencia e a optimización do consumo, acreditan o continuo crecemento que está tendo a empresa tanto en Galicia coma no resto de España, xa que é a propia experiencia dos clientes a que serve de plataforma promocional desta compañía.

Un servizo eficiente e directo que nalgúns casos está supoñendo un aforro de máis dun oito por cento, co que esta cifra pode representar na facturación anual.

A nova web de E.nova Enerxía ofrece a posibilidade de documentarse sobre o traballo desta comercializadora e iniciar os cálculos para facer máis rendible a túa empresa, sen que isto afecte a calidade nin provoque dilacións administrativas.