Novo proxecto fotovoltaico de E.nova Enerxía: unha planta de xeración á rede que producirá más de millón e medio de kWh anuais

E.nova Enerxía continúa a ampliar a súa participación en proxectos fotovoltaicos de xeración á rede. Desta volta faino como epecista, encargándose da construción dunha planta fotovoltaica de 1MWp na parroquia de Goiriz (Vilalba) para o seu cliente Energy Team.

O termo EPC fai referencia ás siglas en inglés de Engineering, Procurement and Construction (enxeñaría, adquisición e construción). Como epecista, E.nova Enerxía encárgase de todas as fases do proxecto fotovoltaico; deseñando, construíndo e poñendo en marcha unha planta fotovoltaica de xeración á rede para un cliente, promotor de devandita obra.

Coa posta en marcha da PSFV Goiriz Vilalba obterase unha produción de enerxía de aproximadamente 1.618.000 kWh/ano. Ao tratarse dunha fonte renovábel, non só se estima un incremento da eficiencia enerxética senón que tamén se reducen as emisións de gases de efecto invernadoiro. Para esta planta os estudos de E.nova Enerxía indican que se evitará a emisión de máis de 550 toneladas anuais de CO2.

OUTROS PROXECTOS NA ZONA

E.nova Enerxía xa conta cunha ampla experiencia na construción de plantas fotovoltaicas. Desde o 2019 ten levado a cabo numerosos proxectos, centrándose especialmente no autoconsumo enerxético nos distintos sectores económicos, tanto en modalidade chave en man como PPA On-site. Os servizos que ofrece neste ámbito destacan por unha forte aposta pola calidade do servizo, sendo piares básico na súa proposta o acompañamento durante a vida útil e o mantemento preventivo.

A PSFV Goiriz Vilalba non é o primeiro proxecto da enerxética compostelá no municipio de Vilalba. Tamén se encargou das dúas ampliacións realizadas por Maderas Goiriz na planta fotovoltaica que teñen nas súas instalacións no polígono industrial Sete Pontes. Con estas ampliacións a madeireira pasou dunha potencia de 279kW a 869kW, contando actualmente cunha produción anual de máis de 790.000kWh e unha cobertura do 30% do seu consumo enerxético. Completando os servizos ofrecidos, E.nova Enerxía tamén se encarga do mantemento desta planta fotovoltaica.