E.NOVA Enerxía organizou unha xornada de limpeza ambiental en Santiago

Un grupo de dez persoas participaron na xornada de limpeza organizada por E. nova Enerxía, o pasado sábado 16 de xuño, no marco da gran recollida colaborativa estatal desenvolvida a través do proxecto “Libera”.

Os voluntarios e voluntarias actuaron na contorna do Parque de Galeras en Santiago de Compostela, percorrendo un treito de río dun quilómetro e medio de distancia.

Distintos materiais recollidos

A xornada concluíu cunhas trinta bolsas de lixo retiradas. O estado de descomposición do lixo, impediu que se puidese realizar unha separación integral do papel, plástico, vidro e outros materiais, aínda que que si se logrou nunha parte importante.

Na súa recolleita, o equipo de E.nova Enerxía atopouse maioritariamente con plásticos e vidros, aínda que tamén puido localizar paraugas, potas, tixolas, unha tenda de campaña, unha grella, un retrovisor, alfombriñas de coche, un carriño dá compra, carteis publicitarios, pantalóns, unha báscula ou rodas de bicicleta.

Con esta acción, E.nova Enerxía emprende o seu particular camiño de compromiso social e medio-ambiental.