En numerosas ocasións, tras a posta en marcha dunha planta fotovoltaica para autoconsumo xorden dúbidas acerca da eficiencia real da súa produción enerxética. Un servizo de mantemento completo e de calidade vólvese indispensábel para asegurar o adecuado rendemento das plantas. Este non debe limitarse á reparación de deficiencias e avarías. Tamén debe incluír un mantemento preventivo, adaptado ás necesidades concretas de cada construción.
O mantemento preventivo está formado por distintas labores de revisión é mantemento programadas periodicamente co fin de previr e minimizar posibles fallos.
A continuación, detállase a importancia dun bo mantemento preventivo e cales son as distintas opcións ofrecidas por E.nova Enerxía.
BENEFICIOS DE CONTRATAR MANTEMENTO PREVENTIVO PARA UNHA PLANTA FOTOVOLTAICA
Dispoñer dun servizo de mantemento preventivo de calidade permite alargar a vida útil dos paneis solares. Deste xeito, maximízase o retorno da inversión.
Por outra banda, manter a planta en condicións óptimas tamén inflúe no correcto funcionamento da mesma. As revisións periódicas e as tarefas de limpeza garanten que a produción enerxética sexa óptima. Alcanzando unha boa eficiencia enerxética, conséguese un maior aforro na factura do cliente.
Tanto o aumento da vida útil dos paneis como unha adecuada eficiencia na produción son dous aspectos que redundan positivamente no impacto das empresas no medio ambiente. Acádase así un terceiro beneficio, a sostibilidade e a mellora da imaxe de marca.
Por último, ao evitar fallos ou avarías na instalación conséguese minimizar a aparición de custos de reparación, que adoitan ser máis elevados. Tamén se reduce o período de inactividade da planta xa que sen o mantemento preventivo esta podería estar fóra de funcionamento un período máis prologado de tempo.
PLANS DE MANTEMENTO PREVENTIVO DE E.NOVA ENERXÍA
Independentemente de que a planta fotovoltaica estea construída ou non por E.nova Enerxía, ofrecemos o acompañamento do noso equipo técnico durante toda a vida útil da mesma. Coa calidade como premisa principal dos nosos servizos, ofrecemos distintos plans para adaptarnos ás necesidades de cada unha.
A través dunha visita ás instalacións propoñemos unha orientación personalizada, analizando as características de cada planta co fin de recomendar o que mellor se adapta a cada cliente.
Todos eles inclúen revisións periódicas dos distintos elementos que conforman a planta, incluíndo:
- Limpeza de módulos fotovoltaicos.
- Estado da estrutura verificando pares de aprete.
- Estanquidade de cuberta.
- Limpeza de inversores.
- Comprobación dos dispositivos de protección.
- Medicións de posta a terra e termografía.
Tras as revisións, entrégase un informe de mantemento que incluirá, de ser preciso, propostas de accións correctivas.
Se queres que o teu negocio se una aos beneficios económicos e medioambientais do autoconsumo fotovoltaico ou precisas un servicio de mantemento que asegure a eficiencia da túa planta, contacta con E.nova Enerxía.