E.nova Enerxía aborda unha ampliación de 500kW na planta fotovoltaica de Maderas Goiriz

A empresa Maderas Goiriz decántase polo autoconsumo enerxético para as súas instalacións de Vilalba cunha ampliación da súa planta fotovoltaica, obtida en réxime de venda directa, de 500kW. Consegue así unha potencia de 769 kW. Para o proxecto contou con E.nova Enerxía, que ofrece unha ampla experiencia en instalación de plantas fotovoltaicas tanto en Galicia como noutras partes do territorio nacional.

Maderas Goiriz leva máis de 70 anos dedicada á manufactura da madeira, abranguendo todo o proceso de produción e tratamento así como a fabricación dunha grande variedade de produtos. O crecemento da madeireira vilalbesa baséase na xestión forestal respectuosa co medio ambiente. Por iso, a aposta polo autoconsumo enerxético a través dunha fonte de enerxía renovábel se aliña á perfección cos seus valores de sostibilidade. Grazas aos paneis solares instalados por E.nova Enerxía, Maderas Goiriz terá dispoñible para á súa actividades máis de 635.000 kWh anuais, producidos a través dunha fonte de enerxía limpa que evita así a emisión de cerca de 230 toneladas anuais de CO2.

 

Cada vez son máis as empresas que coma Maderas Goiriz se aproveitan dos beneficios do autoconsumo enerxético, que non só facilita un grande aforro en canto aos custes na factura da luz senón que confire unha maior independencia enerxética do mercado, reducindo así o impacto dos picos de demanda de enerxía, tan habituais na actividade profesional.