Como pode axudar a eficiencia enerxética ao teu negocio

Cando falamos de aforrar na factura eléctrica é imprescindíbel ter en conta a eficiencia enerxética. Este termo, cada vez máis presente, fai referencia á capacidade de optimizar os recursos enerxéticos de xeito que se empregue a menor cantidade de enerxía en cada un dos procesos e actividades. Isto é, maximizar o rendemento da nosa actividade empresarial reducindo ao mesmo tempo o consumo.

Para calcular a eficiencia enerxética empréganse indicadores sobre o consumo e as emisións de CO2. Tamén se utilizan fórmulas para comprobar a redución de consumos obtida tras accións de eficiencia enerxética, así como para calcular o retorno da inversión.

UNHA VANTAXE COMPETITIVA

Para as empresas, un dos grandes beneficios que aporta a eficiencia enerxética é o aforro. Ao reducir a necesidade de enerxía na produción, poden obter grandes vantaxes competitivas. Con isto, non só se reduce o gasto. Tamén se pode conseguir un aumento das vendas ao facer os servizos e produtos máis atractivos con respecto á competencia.

Así mesmo, para conseguir un aumento na sustentabilidade dos sectores económicos, existen diversos incentivos fiscais e axudas relacionadas coa mellora da eficiencia enerxética das organizacións, axilizando o retorno das inversións.

Por outra banda, a procura de melloras nas actividade e nos procesos produtivos promove unha cultura de innovación e actualización constante dentro das empresas.

BENEFICIOS EN SUSTENTABILIDADE

Os beneficios medioambientais son outro dos grandes alicientes da eficiencia enerxética. Grazas o desenvolvemento de medidas para maximizar a eficiencia, redúcese a explotación de recursos naturais. Favorécese así a seguridade e o coidado do noso entorno.  Así mesmo, a eficiencia está moi ligada ás fontes renovábeis.

Reducir a pegada de carbono ten unha importancia crecente na nosa sociedade. Ademais da lexislación con respecto á mesma, os consumidores están cada vez máis concienciados e buscan marcas sustentábeis que lles permitan conectar cos seus valores.

AS AUDITORÍAS DE EFICIENCIA ENERGÉTICA

Pero, como pode un negocio mellorar a súa eficiencia? As auditorías, elaboradas por empresas especializadas na materia como E.nova Enerxía, constitúen un recurso moi útil á hora de coñecer os consumos actuais e de identificar puntos de mellora.

A través delas, monitorízanse e avalíanse os distintos factores e procesos relacionados co consumo enerxético para determinar onde e como se está a empregar a enerxía.

O obxectivo é obter un diagnóstico de todos os consumos, detectando procesos e equipos que presentan fallos ou debilidades enerxéticas. A partir da análise dos datos obtidos, proponse un paquete de medidas que permitirán un aforro enerxético: cambio de maquinaria, melloras nos patróns de consumo, renovacións en infraestruturas, implantación de enerxías renovábeis, optimización nos procesos…

Unha auditoría enerxética conta coas seguintes fases:

  • Planificación do proceso.
  • Recollida de datos, tanto a través de medicións como de recompilación de información xa existente: entrevistas, documentación, facturas da luz…
  • Análise de datos: elaboración dun perfil de consumo para o cálculo da eficiencia enerxética e identificación de debilidades no consumo.
  • Presentación de informe final coas propostas de mellora.
  • De ser o caso, aplicación das medidas e seguimento de resultados.

Unha vez levadas a cabo as accións de mellora, pódese elaborar unha segunda análise coa que determinar os resultados obtidos: melloras na eficiencia enerxética e retornos da inversión.

EMPRESAS OBRIGADAS A FACER AUDITORÍA ENERXÉTICA

Ademais das vantaxes que ofrecen as auditorías enerxéticas, existen empresas que están obrigadas por lei a realizar este tipo de trámites. No caso da normativa española, o Real Decreto 56/2016 establece a obriga de facer unha auditoría cada catro anos para as seguintes empresas:

  • Que teñan 250 ou máis traballadores.
  • Que, non chegando aos 250 traballadores, superen os 50 millóns de € en volume de negocio e teñan un balance xeral de máis de 43 millóns.

 

En E.nova Enerxía somo especialistas en todos os chanzos do consumo enerxético. A través dos nosos servizos de auditoría e consultaría analizamos o perfil de consumo de cada cliente, identificando e propoñendo posibles accións de mellora.