As vantaxes e os inconvenientes dos contadores intelixentes

Os contadores intelixentes ou de telexestión permiten o control do consumo da nosa instalación eléctrica a distancia. A progresiva instalación destes establecese por lei no 2007 e, como amosado na táboa de máis abaixo, marcase un tratamento diferenciado segundo o tipo de punto de subministro:

  • Pequenas empresas e fogares: Deben contar cun contador intelixente antes do 2019. A este efecto, existe un plan que dende o 2010 obriga ás compañías distribuidoras a substituír os contadores tradicionais cuxa potencia sexa menor ou igual a 15 kW, sen custo adicional para os consumidores. A comezos do 2017 foran substituídos xa preto dun 70% do total de contadores.
  • Empresas de tamaño medio e pequena industria: No entanto, neste caso o contador intelixente é polo de agora opcional e a empresa distribuidora non está obrigada á substitución do contador.
  • Grandes consumidores: Os puntos de subministro de alta tensión, deben contar, e xa contan na súa práctica totalidade a día de hoxe, con este tipo de contadores.

En calquera dos casos, a propia compañía distribuidora debe encargarse da instalación gratuíta, do mantemento e da súa lectura.

As vantaxes dos contadores intelixentes

Con estes contadores permítese axustar pautas de consumo. Desta maneira o usuario pode adaptar o uso de dispositivos eléctricos ás horas de menor custo, xerando aforro.

Favorecen a regularidade na facturación, favorecendo que esta se produza sempre sobre medidas reais e a meses naturais. Deste xeito, permítese ás empresas e familias controlar mellor a súa economía.

Por outra banda, tamén se permite definir con maior rigor, o tipo de tarifa que se adapta mellor ás necesidades de cada cliente, e poder controlar con máis eficiencia a tensión que nos proporciona a distribuidora ante posibles incidencias.

Ademais é posible unha axilizar a resolución de problemas en relación ó subministro ou á facturación.Varios organismos oficiais certificaron que as emisións de radiofrecuencia destes utensilios non afectan á saúde.

Os puntos negativos

O experto en ciberseguridade israelí, Netanel Rubín, alertou da vulnerabilidade dos sistemas dos contadores ante posibles accións dos hackers.

“Algunhas empresas non están a empregar ningunha clase de cifrado nos protocolos de comunicación dos contadores intelixentes”, criticou Rubín en declaracións ao portal Teknautas. O experto aconsella ás compañías que usen cifrados robustos, a segmentación da rede e a monitoraxe do sistema para evitar desgustos que xa se deron en países do continente americano.

Sen dúbida, o punto que máis desvantaxes supuxo para os consumidores, foi o aumento do custo imputado polas distribuidoras en relación a estes novos aparellos. Sen embargo, existen no estado sentenzas xudiciais que declaran ilegal estas subas; así como outro bo feixe de procesos xudiciais abertos, o que fai prever que isto logo ha deixar de ser unha desvantaxe.

Se quero deixar de pagar o aluguer polo contador á miña compañía distribuidora, que debo facer?

Sempre que cumpra a normativa vixente, calquera consumidor pode adquirir o seu propio contador, instalalo e deixar de pagar o alugueiro polo mesmo á empresa distribuidora.

Esta operación é especialmente interesante no caso das empresas medianas e grandes, con tarifas de acceso 3.0A, 3.1A e/ou 6.1A, que poden recuperar o investimento no contador nun prazo que vai dende os 12 ata os 36 meses, dependendo do tipo de instalación.

Na procura dunha atención integral ós seus clientes, E.nova Enerxía xestiona a substitución do contador. Se estiveras interesado, non dubides poñerte en contacto connosco.