Aposta pola enerxía renovable e responsable

O coidado do medio ambiente é fundamental para o futuro do planeta. É a mellor herdanza que podemos deixar aos nosos descendentes.Un tesouro que temos que protexer dentro das nosas posibilidades.

E.nova Enerxía ten un compromiso serio co medio ambiente. Apostamos pola enerxía renovable e responsable. Segundo datos da Red Eléctrica Española o 40 por cento da orixe da enerxía do sistema eléctrico é renovable. Ou sexa, que procede de fontes naturais virtualmente inesgotables ou cunha importante capacidade de rexeneración.

Enerxías renovables, garantía de futuro

Hai diferentes tipos de enerxías renovables. A hidráulica, producida pola forza da auga nos ríos e nos encoros, a eólica, pola acción do vento, ou tamén polos raios do sol(solar) que pode derivar na enerxía térmica ou fotovoltaica.

Tamén pode ser xeotérmica, mareomotriz ou ao través do aproveitamento da chamada biomasa. Falamos de recursos limpos e ecolóxicos, que non danan o medio natural mediante gases e outras emisións nocivas.

enerxía intelixente pensa no presente pero tamén no futuro. Segundo certifica a Comisión Nacional de los Mercados y de la Competencia (CNMC), o cento por cento da enerxía comercializada por E.nova Enerxía te orixe renovable, o que amosa a preocupación desta empresa pola nosa contorna.

Máis enerxía renovable, máis natureza

O propio Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía(IDAE) valora que as enerxías renovables contribúen a diminuír a dependencia do noso territorio do subministro externo, reducen o risco dun abastecemento pouco diversificado e favorecen o desenvolvemento tecnolóxico e a creación de emprego.

A popular ONG ecoloxista Greenpeace aconsella e demanda o uso de enerxía “verde” 100% renovable e defende un modelo enerxético “baseada na intelixencia, na eficiencia e nas 100% renovables” como ferramenta para evitar o cambio climático e a conservación do planeta.

Os clientes de E.nova Enerxía están contribuíndo ao cambio necesario do modelo enerxético. Cunha tarifa máis barata, cunha atención directa e tamén cunha enerxía limpa e responsable.